14 de feb. de 2019

GOIÁN (TOMIÑO)

Esta fin de semana na Axenda Cultural de Primavera

“PELEPAU. Fío e agulla”

Un concerto de once percusionistas que busca defender o poder da percusión, coma xeito de expresión artística


 Infogauda / Goián (Tomiño)

  Esta fin de semana a Axenda Cultural de Primavera do Concello de Tomiño, dános a oportunidade de gozar, en vivo e en directo, de “PELEPAU. Fío e agulla”. Un concerto de once percusionistas que busca defender o poder da percusión, coma xeito de expresión artística. A compañía nace en Vigo e os seus integrantes son todos recoñecidos músicos, mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega. Dende o ano 2010 o grupo está recollendo a cultura das treboadas do Baixo Miño e da Raia de Portugal.  

 O concerto é para todo público, este domingo, 17 de febreiro, ás seis da tarde (18.00h) no auditorio de Goián. 

 Prezo 3 euros persoas adultas; nenos e nenas de balde. Venta na propia taquilla do auditorio dende unha hora antes da función.

Ningún comentario:

Publicar un comentario