5 de dec. de 2018

TUI

 "Freemos a ultradereita" 

· Charla divulgativa de Galiza Nova este venres ás 20:00 horas na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui


Infogauda / Tui

 Galiza Nova considera que a actual “Constitución monárquica” consagrou un réxime que agora está en “crise terminal” que se plasma nunha “profunda crise democrática, social e de modelo territorial” que, en ningún caso, pode pecharse “nunha cerimonia de aliño guiada pola elite do estado e polos poderes económicos para desviar a atención sobre os graves problemas do país e as reivindicacións soberanistas das nacións que conforman o estado”, afirma André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño.   

 André Vidal, advirte que o momento de involución democrática que vive o Estado español está  sobresaíndo o caracter fascista inherente a este, así como o proxecto nacional e imperialista español, sendo unha xustiza que encadea polític@s por defender as súas ideas mentres continúan impunes os crimes da ditadura e non ve delito cando a Fundación Franco fai apoloxía do réxime, unha xustiza convertida na ala dura da dereita máis extrema como é o caso da Audiencia nacional”.  

 Neste contexto “somos moitas as persoas preocupadas porque a involución democrática está dando alas á dereita máis extrema e ao fascismo, e non podemos permitir que se branquee nin o que foi o franquismo nin o que significa hoxe o fascismo”, declarou André Vidal. Por contra, afirma que “o fascismo será combatido, é o noso deber como mocidade consciente e organizada, desde Galiza Nova témolo claro”. 

 Así pois Galiza Nova organiza en Tui unha palestra divulgativa sobre as causas do ascenso da ultradereita e fórmulas para combatelo, pois, as nacionalistas defendemos que “non se  poden tapar nin bloquear o movemento cidadán que reivindica máis democracia e recoñecemento das nacións e o dereito a decidir.    

 O coloquio terá lugar este venres día 7 de decembro ás 20:00 horas na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui, no que intervirá Bieito Lobeira, responsábel de organización do BNG e integrante dos "19 de Meirás".

Ningún comentario:

Publicar un comentario