4 de dec. de 2018

O ROSAL

BASES DO CONCURSO “DECORA O TEU COMERCIO LOCAL”  

Infogauda / O Rosal

 En vindeiras datas celebrarase o Nadal e, con tal motivo, o Concello do Rosal quere organizar o concurso “Decora o teu comercio local” co fin de fomentar a creatividade e a destreza dos veciños e veciñas na arte da decoración de Nadal no comercio local. 

1ª.- Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. O tipo de decoración/adorno, tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre. 
2ª.- A decoración (belén, árbore…) será colocado no comercio local que o participante desexe, por rexistro de entrada, entre os días 14 e 15 de decembro. O comercio terá para tal fin un espazo axeitado. 
3ª.- Os traballos exhibiranse ata o día 6 de xaneiro de 2019. 4ª.- A retirada dos traballos deberá efectuarse o 7 e 8 de xaneiro de 2019 de 9.00 a 12.00 horas ou no horario acordado co propio comercio, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo. 
5ª.- Establecerase unha única categoría de adulto a partir dos 18 anos e haberá un único premio dun vale de compra por valor de 100€ no comercio do Rosal. 
6ª.- O xurado estará formado por tres membros da ACOR e dous membros do Concello do Rosal. 
7ª.- A orde no rexistro de entrada do concello permitirá escoller ó comercio local onde o participante exporá o seu traballo de nadal. 
8ª.- O fallo do xurado realizarase antes do 24 de decembro. 9ª.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos decorados navideños participantes en calquera medio que estime oportuno. 
10ª.- Prazo e lugar de inscrición no concurso dos decorados de nadal, ata o día 12 de decembro no Concello do Rosal

Ningún comentario:

Publicar un comentario