1 de dec. de 2018

O ROSAL

SAN SILVESTRE O ROSAL 2018 


Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal organiza a carreira popular San Silvestre O Rosal. 

 A proba celebrarase o 31 de decembro de 2018. Ás 11:00 horas realizarase a andaina e a carreira non competitiva estimando que nunha hora estará rematada a San Silvestre. 

 A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario.

  A andaina terá 2.300 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 4.000 metros discorrendo polas seguintes vías:  


 Percorrido de 2.300 metros: Saída da Praza do Calvario pola rúa Simón del Mazo, Rúa dos Castros, Rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Estrada da Morraceira, Camiño Campo da Feira, Rúa Simón del Mazo e Praza do Calvario.


 Percorrido de 4000 metros: Saída dende a Praza do Calvario pola rúa Simón del Mazo, Rúa dos Castros, Rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Morraceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos, Camiño Pampaloas, Camiño Campo da Feira, Rúa Simón del Mazo e Praza do Calvario.

 A proba será controlada pola Policía Local, Protección Civil, voluntarios e persoal da organización. 

 En toda cuestión ou dúbida que non estea contemplada no regulamento da proba aplicarase o criterio da organización. 

 Categorías 

 A proba rexerase por categorías unicamente para poder optar ós sorteo dos premios pero non para a carreira.

 Non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios. 

Categoría Infantil: de 0 a 14 anos 

· De 0 a 5 anos (non participan no sorteo) 
· De 6 a 10 anos 
· De 11 a 14 anos 

Categoría Xuvenil – Adulto: 

· De 15 a 20 
· De 21 en adiante. 

 O prazo de inscrición será ata o 26 de decembro, e realizarase no Concello do Rosal. No momento de realizar a inscrición aboarase a cota. 

 A cota de inscrición é de 2€ para tódolos participantes.

 Os dorsais entregaranse no momento de efectuar a inscrición. 

 Os dorsais deben ser colocados no peito sendo visibles en todo momento, podendo perder o dereito a participar no sorteo dos premios os corredores que non cumpran devandito requisito. 

 Non se permite a participación de corredores sen dorsal.

 Premios 

 Diferentes comercios do Rosal colaborarán coa carreira doando produtos, vales-regalo ou servizos dos seus comercios para sortear entre tódolos participantes da San Silvestre. 

 Para optar ó sorteo o participante deberá estar presente durante o mesmo. Este realizarase ao finalizar a carreira na zona destinada ao efecto pola organización. Se o participante co número premiado non se atopa presente no sorteo procederase a sortear novamente o produto, vales-regalo ou servizo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario