3 de dec. de 2018

MADRID

PREVISIÓN NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA O MARTES 4 DE DECEMBRO DE 2018   


Martes, 4 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da mostra de pintura “INTENCIÓNS”, de Novais, nome co que asina as súas obras a pintora coruñesa, María Luisa Rojo Grandío. Na exposición Novais plasma a súa vitalidade a través dunha paleta na que predominan laranxas e violetas, con gamas fortes e un estilo que funde moitos outros como abstracción, expresionismo, cubismo, surrealismo e o último, que sería unha conxunción de todos, o seu propio, o  novaísmo.  

 A exposición de  Novais  poderá visitarse na Salas A e  B ata o 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario