4 de dec. de 2018

GONDOMAR

Presentación do documental “O lado escuro do carbón” 

Venres 7 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM - Gondomar

IEM / Gondomar

Día: venres 7 de decembro 
Hora: 20:30h 
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas. IEM - Gondomar   

Presentado e realizado por Greenpeace. 

 O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.  

 O documental "O lado escuro do carbón" (Título orixinal: El lado oscuro del carbón) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves... Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario