10 de dec. de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

O GUARDÉS ÁLEX SIERPES PEREIRA, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA DE TOMIÑO, CÓLGASE UN OURO NA CATEGORÍA SUB 12 MASCULINA

· NO XLVII CROS NACIONAL DE CANTIMPALOS 2018 (SEGOVIA) 

Álex Sierpes Pereira - no centro da imaxe - medalla de ouro na categoría  sub12 masculina no XLVII Cros Nacional Ayuntamiento de Cantimpalos (Segovia)
Fotos: S. A. T.

Infogauda / Deportes

 O pasado sábado día 8 de decembro no Campo de La Vega celebrouse o XLVII Cros Nacional Ayuntamiento de Cantimpalos (Segovia), que ademáis de ser a proba decana da Comunidade de Castilla-León, este ano tivo un carácter especial xa que se converteu, no Memorial Isaac Sastre Rivera. Este cros segoviense pertence tamén ás carreiras da Asociación Nacional de Organizadores de Cros (ANOC).

Compoñentes da delegación do club Sociedade Atlética do Trega que foron ata terras de Cantimpalos (Segovia)

 O club Sociedade Atlética do Trega levou a 7 atletas da base, onde o máis destacado foi Álex Sierpes Pereira. Na proba a súa actuación foi perfecta desde a saída. Púxose na cabeza de carreira cun forte ritmo manténdoo ata a meta, alcanzando a 1ª posición na categoría  sub12 masculina, nunha distancia de 1.500 m cun crono de 4´55". 

Monitores e atletas do club Sociedade Atlética do Trega, en Cantimpalos

 Tamén tiveron moi boa actuación Marcela Morgado (sub16 feminina) que nun percorrido de 2.000 m, fixo un tempo de 6´53" quedando en 9ª posición. Do mesmo xeito que Christian Sierpes Rodríguez, que en 2.500 m, fixo un crono de 8´56", que lle levou ao 11º lugar na categoría (sub14 masculino). 

 De igual forma, dérono todo o resto do equipo. En (sub14 feminino) correron 1.500 m, Elisa Morgado (posto 47º) con un tempo de 6´01"; Lara Rodríguez (posto 77º), con un crono de 6´30" e Carla Rocha (posto 88º), con un rexistro de 6´59". 

 E a máis peque Paula Rocha (posto 25º), con un tempo de 4´05" en 1.000 metros, categoría sub12 feminina.

 Moi ben chicas/os!

Ningún comentario:

Publicar un comentario