10 de dec. de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

Gran actuación do atleta guardés Roberto Martínez Trigo na maratón de Lanzarote 

Celebrada o pasado día 8 de decembro   

Roberto Martínez Trigo, o remate da maratón, logo de recibir á medalla de prata na categoría veteranos A
Fotos: S.A.T.

Infogauda / Deportes

 O atleta guardés Roberto Martínez Trigo, da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño,  ven de realizar unha moi boa actuación na XXVIIIª maratón internacional de Lanzarote, acadando a oitava posición da xeral, sendo o cuarto español en meta e segundo clasificado na súa categoría veteranos A cun tempo oficial de 2h 53' 23".  

Roberto Martínez Trigo - a esquerda da imaxe, co dorsal 4377 - logo da saída da maratón de Lanzarote
Roberto Martínez Trigo en plena carreira


 A maratón de Lanzarote - carreira profesional na que participaron uns 2.000 atletas, entre eles moitos da elite internacional como os belgas Ludwig Lefebvre, con un crono de  02:31:53, e Verlee D’Haese con un tempo de 02:54:21, que foron os vencedores absolutos da proba raíña, nas súas respectivas categorías - caracterízase por un duro trazado e polo vento, que no día da proba soplou a 15 nudos; e xunto con unha pequena molestia no sóleo que acompañou a Rober dende a metade da proba fixeron que esta fose máis dura do previsto.  

 Agora toca descansar para preparar os novos retos. 

 Noraboa Rober!

Ningún comentario:

Publicar un comentario