1 de dec. de 2018

CULTURA

O ESCRITOR FRANCISCO ALVAREZ “KOKI” PRESENTOU DOUS LIBROS DE CONTOS INFANTÍS DA SÚA AUTORÍA
  
· A actividade desenvolveuse no CEIP José Fernández López, de O Porriño

Francisco Álvarez Álvarez “Koki” e Celso R. Fariñas, diante ds alumnos de 5º do CEIP José Fernández López
Vista parcial do alumnado que asistiu a esta actividade cultural

Infogauda / O Porriño

 O pasado martes, 27 de novembro no C.E.I.P “José Fernández López” de O Porriño, diante de dous grupos de 5º, o escritor e poeta guardés Francisco Álvarez Álvarez “Koki” (A Estivada - A Guarda, 1957) deu unha charla sobre as dúas novas publicacións da súa autoría (Un neno na emigración e Vasoiras Barreiro) facendo de presentador improvisado, Celso R. Fariñas, e donde por medio de palabras e conversacións sinxelas cos alumnos, vouse a emigración nas experiencias dun crío, e por outra parte a viaxe ao espazo dun neno galego imbatible, xa que a súa propulsión a facía por medio dun motor Barreiro. Un motor galego que marcou unha época na historia de España, nos mediados do século XX. 

Dous profesores do CEIP José Fernández López tamén estiveron na presentación

 Diante das preguntas sobre a procedencia dos asistentes, destacou a multietnia do alumnado e as procedencias tan dispares. Dende Paraguay, Venezuela, Arxentina, Marrocos e Centro-Europa.  

 Así tamén se poido comprobar a realidade desta terra, donde é moi difícil atopar unha familia que non teña parentes na emigración. 

 Dado que as dúas publicacións son trilingües, se formou un grupo de estudantes para lelos mesmos, en galego, español e inglés. 

 A experiencia foi moi proveitosa, e posiblemente vólvase repetir en máis centros educativos, como unha maneira áxil e práctica de difundir a nosa literatura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario