5 de dec. de 2018

A GUARDA

Este sábado haberá mercadillo semanal e apertura da Praza de Abastos na Guarda
  
Este sábado día 8 de decembro haberá mercadiño no entorno da Alameda e abrirá o Mercado da Praza de Abastos
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa de que este sábado día 8 de decembro realizarase o mercadillo semanal dos sábados no entorno da Alameda, decisión tomada entre a Concellería de Comercio e os vendedores para dinamizar este entorno na tempada previa ao Nadal.  

 Do mesmo xeito o Mercado da Praza de Abastos da localidade tamén abrirá as súas portas ofertando produtos cárnicos, peixes, froitas e hortalizas de 8:00 a 14:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario