7 de dec. de 2018

A GUARDA

«Auga, o sangue da terra»

· Esta exposición de fotografías de Manuel Valcárcel inaugurarase o martes día 11 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural


Infogauda / A Guarda

 O vindeiro martes día 11 de decembro ás 20:00 horas a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel.  

 En palabras de Manuel Valcárcel «a auga, elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras porque, quen somos os seres humanos para crernos por enriba da natureza? Esta é a miña visión do que foi, é e será a Terra. Non malgastemos esforzo e diñeiro en buscar un mundo mellor noutros planetas, este é o noso, onde nacemos e onde morreremos, debemos respectalo e coidalo.»  

 A exposición recolle unha serie de fotografías de Manuel Valcárcel nas súas viaxes ao redor do mundo, recollendo instantáneas coa auga coma protagonista en países coma China, Níxer, Nova Zelanda ou o deserto de Atacama en Chile.  

 A exposición estará no Centro Cultural da Guarda ata o 12 de xaneiro de 2019 en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres; e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.ñ

Ningún comentario:

Publicar un comentario