7 de dec. de 2018

A GUARDA

«Manual de instrucións para educar» 

· O Concello de A Guarda celebra o vindeiro martes día 11 de decembro, a derradeira charla de 2018 

Vista parcial dos asistentes a unha das charlas precedentes
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro martes día 11 de decembro, ás 19:30 horas, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a cuarta e derradeira sesión da terceira edición de «Manual de instrucións para educar», unhas charlas informativas organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Educación Familiar co fin de aportar as nais e pais as ferramentas necesarias para afrontar dun xeito positivo e correcto o proceso educativo dos seus fillos e fillas.  

 Nesta edición oO ciclo de “Manual de instrucións para educar” 2018 está composto por un total de 4 charlas, que rematan o martes día 11 de decembro cunha charla sobre «Vivir con sentido».
  
 ¨Vivir con sentido”, tratará sobre a sociedade actual, onde o tema sobre a morte tende a evitarse e sobre todo, cando a causa da mesma é porque un mesmo o ten decidido. O suicidio é unha das principais causas de morte, dando lugar a casos diarios, aínda que estes non se divulguen. Tamén hai casos de suicidio na infancia e máis frecuente na adolescencia. É vital que as nais e pais detecten os síntomas a tempo, axuden as fillas e fillos a afrontar os seus problemas e tamén xeren no fogar un clima que favoreza as gañas de vivir.  

 Todas as charlas se realizan na Casa dos Alonso de 19:30 a 21:00 horas, e con servizo de canguro de balde. 

 Máis información na OMIX da Guarda e en Educación familiar nos teléfonos 986 610 000 e 986 614 507.

Ningún comentario:

Publicar un comentario