5 de dec. de 2018

A GUARDA

ANTONIO LOMBA BAZ, PROCLAMADO CANDIDATO Á ALCALDÍA 

· Conta co apoio de destacados cárregos públicos do PSdeG-PSOE 


Antonio Lomba Baz na súa intervención trala proclamación como candidato a alcaldía de A Guarda nas vindeiras eleccions municipais de 2019

Infogauda / A Guarda

 No decurso da Cea de Nadal organizada pola Agrupación Socialista de A Guarda, que tivo lugar o pasado sábado día 1 de decembro na carpa do restaurante Casa do Outeiro, e que contou coas intervencións de Montserrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral do PSdeG-PSOE de A Guarda; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; David Regades Fernández, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE e delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo; e Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra; así como a participación de Guillerme Meijón Couselo, deputado por Pontevedra do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso, entre outros representantes do partido a nivel provincial; procedeuse a proclamación de Antonio Lomba Baz, actual alcalde de A Guarda, como candidato á alcaldía para as próximas eleccions municipais de maio de 2019 polo Partido Socialista de Galicia - PSOE.

 Dese xeito, a Agrupación Socialista de A Guarda despexa ás posibles dúbidas que pudera haber e volta a depositar súa total confianza en Antonio Lomba Baz.

Carmela Silva Rego, David Regades Fernández e Guillerme Meijón Couselo xunto Antonio Lomba Baz, Bárbara Domínguez González e Mª Elena Baz Rodríguez, ademáis doutros afiliados e simpatizantes do PSdeG-PSOE, na cea do pasado sábado 

 Ante os mais de 150 veciños e amigos, Antonio Lomba agradeceu o arroupe que lle deron os representantes do PSdG - PSOE, agradecendo tamén a Agrupacion Socialista da Guarda o ter confiado nel para ser de novo o candidato a alcaldía. 

 Tamén lle agradeceu á presidenta da Deputación de Pontevedra seu compromiso, desde comezos da lexislatura, para levar a bó termo ás obras de remodelación da rúa Concepción Arenal.

 Por outra parte, tamén lle trasladou aos veciños e veciñas, afiliados e simpatizantes do PSdeG-PSOE que participaron na cea a enorme ilusión que tiña e que se acrecentou polo calor e afecto que os asistentes lle trasladaron. Pediulles a tódolos presentes que actuasen de correa de transmisión de todos os seus proxectos e estratexias para conseguir amplificar a mensaxe e que o proxecto encabezado por Antonio Lomba chegase  a toda a cidadanía, para conseguir o seu apoio para as próximas municipais.  

 O tempo que recordou á labor desenvolvida polo grupo de goberno municipal que preside, Antonio Lomba tamén indicou cales eran as súas prioridades. Falou sobre as grandes obras que precisa a localidade, e deu unha pincelada sobre as obras de presente e futuro. Rematou indicando que o seu é un proxecto de futuro, de remodelación da vila e de modernización da mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario