4 de dec. de 2018

A GUARDA

Horarios dos servizos turísticos 

· Na ponte da Constitución  

O Museo do Mar atópase na réplica da antiga Atalaia, no porto de A Guarda
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda informa dos horarios dos servizos turísticos durante a ponte da Constitución 2018 nos que a Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Reló, prestará atención dende o xoves ata o sábado en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 18:30 horas, sendo o teléfono de atención o 986 614 546. 

Vista parcial do interior do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega

 Dentro da Rede de Museos Municipais, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, abre de martes a domingo en horario de 11:00 a 17:00 horas, a entrada ten un custo de 1€ para adultos e de 0,50€ para menores de 14 anos.  

 O Museo do Mar, sito na Atalaia da zona norte do Porto da Guarda estará aberto o xoves 6 de decembro, o sábado 8 e o domingo 9 en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. A entrada ten un custo de 1€ para adultos e de 0,50€ para menores de 14 anos. 

Visitantes paseando na Fortaleza de Santa Cruz

 O espazo público da Fortaleza de Santa Cruz, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no 1995, estará aberto en horario de 10:00 a 17:00 horas.  

 Máis información sobre as primeiras actividades da programación de nadal e os horarios do transbordador Ferry Boat entre A Guarda e Caminha na web municipal de turismo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario