4 de dec. de 2018

A GUARDA

Un milleiro de guardeses pide a paralización da compra da finca de Fínola  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O alcalde debera escoitar a veciñanza e o informe de Intervención”  

Ángel Luis Baz Vicente e Beatriz Lomba Rodríguez entregaron hoxe no rexistro do Concello un milleiro de sinaturas “reclamando a paralización da compra da finca de Fínola”

Infogauda / A Guarda

 O portavoz municipal do BNG da Guarda, Ángel Luis Baz Vicente e a responsábel local da organización, Beatriz Lomba Rodríguez, entregaron hoxe no rexistro do Concello un milleiro de sinaturas reclamando a paralización da compra da finca de Fínola.  

 Os nacionalistas manteñen que existe normativa urbanística eficaz e relativamente rápida para que a finca de Fínola pase a ser de uso público. O desenvolvemento do PERI nº 5 no que está ubicada esta finca, garante que o Concello se faga con esta propiedade e dous mil metros a maiores sin costes para o Concello.  

 Este é - segundo afirmaron desde o BNG a este xornal dixital - o motivo polo que os nacionalistas acusaron de despilfarro tanto ao PSOE como ao PP e a concelleira non adscrita Fani Iglesias que apoiaron a compra e denunciaron públicamente que o único beneficiario coñecido era a banca, actual propietaria dos terreos.  

 Ángel Luis Baz, portavoz do BNG declarou “aínda están a tempo de paralizar este despilfarro. Non escoitaron ao BNG no seu momento, tampouco escoitaron o informe de Intervención que recomendaba o desenvolvemento do PERI, o Alcalde debería de escoitar agora a veciñanza”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario