4 de dec. de 2018

A GUARDA

O Concello de A Guarda entrega os premios da Ruta «Petiscos con Arte»  

O alcalde, a concelleira de Turismo e a técnica de Turismo do Concello de A Guarda, coas tres persoas que recolleron os correspondentes lotes de viño
Foto: C. A. G. 

Infogauda / A Guarda

 A Ruta Gastronómica «Petiscos con Arte» finalizou servíndose máis de 2000 petiscos entre os 12 establecementos participantes, un evento que  conxugou a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.  

 A variedade gastronómica ofertada foi un «pulo» extra para animar e dinamizar o sector da hostalaría, contando con petiscos moi variados ao igual que as exposicións, con fotografías, pinturas, esculturas e ilustracións.  

 A segunda edición da Ruta Petiscos con Arte contou con veciños da Guarda e dos arredores que gozaron dos petiscos e das exposicións que cada local ofreceu durante as dúas fins de semana que durou a ruta. Os establecementos indicaron a boa acollida desta ruta a pesar do mal tempo da última fin de semana.  

 Este martes día 4 de decembro realizouse por parte do alcalde, Antonio Lomba Baz e da concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, a entrega dos 5 lotes de dúas botellas de viño Albariño Gran Novás, da Adega Aldea de Abaixo, S. L. (Novás - O Rosal), da D.O. Rías Baixas, subzona do Rosal aos premiados no sorteo.  

1. Karen Stewart (depositado no Restaurante Perro Verde
2. Luis (depositado na Cafetería Marbella
3. Patricia Lira (depositado na Enoteca Terra Verde)
4. Dennis Abreu (depositado no Restaurante Xantar) 
5. Patricia Rodríguez (depositado no Restaurante Cangrexal)

Ningún comentario:

Publicar un comentario