CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN QUE Á CIDADANÍA PARTICIPE NOS VINDEIROS ORZAMENTOS MUNICIPAIS
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O que xa é unha realidade desde fai anos, tanto en concellos do Estado español - incruso nesta mesma comarca do Baixo Miño - como nos do veciño Portugal, eiquí - na Guarda - ainda non se levou a bó termo. Estamos a referirnos á posibilidade de participación dos veciños nos Orzamentos Municipais de cada concello. Como queira que A Guarda é un deses concellos onde polo de agora non se abriu esa convocatoria de participación, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar para seu debate na vindeira sesión plenaria ordinaria, e súa aprobación, se procede, á seguinte moción:
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS NO PROXECTO DO 2019
A calidade da democracia debe ser medida pola participación popular no goberno. Mais esa participación non só debe ser como mero receptor de información e só no propio e individual, senón que se debe facilitar á cidadanía a súa participación no político, o económico, o cultural e o social; o que é o mesmo: favorecer e poñer os medios para establecer a participación na construción dunha sociedade mellor. Este é o instrumento fundamental se queremos chegar a articular unha democracia autenticamente participativa.
En diversos concellos no conxunto do Estado xa se teñen articulado mecanismos participativos co obxectivo de implicar á cidadanía na toma de decisións sobre os orzamentos do seu concello. A veciñanza ten a oportunidade de expresar e participar en decidir cales son as prioridades nas que se van investir os impostos que aportaron. Isto supón xerar un proceso de achega da política municipal aos intereses reais da cidadanía e ás súas necesidades.
Neste senso, cada vez máis concellos de grandes e medianas ciudades e vilas, teñen feito importantes avances respetando aos veciñ@s o seu dereito á participar na xestión municipal, recoñecendo así a súa capacidade non só para escoller aos seus representantes, senón na posibilidade de tomar decisións respecto ao gasto do orzamento, en algo que é de todas e todos e para o ben común.
A través dos orzamentos participativos, non só se decide o destino dunha parte dos investimentos municipais, senón que a veciñanza asume un papel protagonista, co-responsable e vén colocarse como un piar importante da política municipal, máis aló da miraxe que significa o feito de obter unha resposta positiva e interesada a través dun medio de comunicación dun xeito quasi unidireccional. E dicir, dun xeito garantista en canto ao principio de igualdade á hora de acceder á toma de decisións, xérase un espazo de busca de solucións comúns, para problemas comúns.
Esta fórmula de participación cidadá inicia o modo de considerar a democracia como un exercicio de cidadanía activa, responsable, propoñendo a construción colectiva dun novo modelo de desenvolvemento sostible. Os orzamentos participativos esixen que sexa a propia sociedade quen decida como e en que se gastan os cartos públicos. É o modo no que as veciñ@s, que coñecen as necesidades cotiás dos seus barrios e da cidade, decidan como se distribúen os recursos.
A cantidade adicada para os orzamentos participativos, que vén do capítulo de investimentos, iría circunscrita no noso pobo vila a unha serie de actuacións concretas, como poden ser cuestións relacionadas coas humanizacións, que os veciños poidan decidir sobre parques públicos, parques infantís, xardíns, melloras nos mercados e espazos públicos…etc, introducindo en A Guarda unha cultura de decisión veciñal real, na que calquer guardés/a que queira participar no proceso e converter os orzamentos municipais nun orzamento colectivo poida ter o seu espazo; deste xeito as inversións non quedarían ao arbítreo unipersoal dún concelleiro ou do Equipo de Goberno, senón ao criterio colectivo da cidadanía, que en moitas ocasións se queixa precisamente desa arbitrariedade nas inversións, afirmando que existen grandes desigualdades entre os barrios e parroquias.
A Red Estatal polos Presupostos Participativos fixa os principios necesarios para que un proceso de orzamentos participativos poida obter tal catalogación, este baséase fundamentalmente en: a existencia dun proceso deliberativo previo á toma de decisións, os criterios de inclusión e xustiza social, mecanismos de seguimento dos acordos e rendición de contas. Do mesmo xeito, deben cumprir os tres principios básicos: universalidade (unha persoa, un voto); auto-reglamentación (as persoas participantes deciden as normas do proceso participativo) e o carácter vinculante (a Corporación Municipal asume o resultado do debate e votación da cidadanía).
Polo exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, ven a presentar para o seu debate e aprobación se procede esta MOCIÓN, a fin de que a Corporación municipal a tome os seguintes ACORDOS:
1.- Iniciar a elaboración dunha proposta de Regulamento para a implantación no noso concello dos Orzamentos Municipais Participativos, así como articulación dos mecanismos necesarios de participación cidadá respectando os principios de igualdade, solidariedade e equilibrio entre os distintos barrios e núcleos de poboación do termo municipal.
2.- Adicar no próximo proxecto orzamentario unha partida non inferior o 7% do total do capítulo de investimentos.
A Guarda, a 06 de decembro do 2018
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario