4 de dec. de 2018

A GUARDA

O Concello de A Guarda súmase a compostaxe doméstica 

· E ademáis ven de adherirse ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra 

Composteiro individual
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda ven de adherirse un ano máis á Campaña promovida dende Sogama e a Xunta de Galicia para facilitar a compostaxe doméstica cunha nova entrega de 50 composteiros individuais entre a poboación.  

 Entre o ano 2014 e 2017 o Concello da Guarda ten entregado xa máis de 170 composteiros individuais o que fai neste ano 2018 un total de 220 composteiros.

 Cada galego produce unha media de 1,05 quilos de residuos ao día, na Guarda é un 0,780 quilos ao día, dos cales máis do 40% do lixo que se xera nos fogares é materia orgánica, cuxo destino habitual son os contedores verdes convencionais. Neste intre o Concello da Guarda está moi por riba da media en canto a reciclaxe, sendo un dos concellos que máis recicla de toda Galicia, froito do traballo de concienciación realizado dende a Concellería de Medio Ambiente e a implicación dos veciños e veciñas da vila.  

 En determinados ámbitos existe a posibilidade de transformar esta materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo. Neste programa os participantes poden fabricar o seu propio compost, contribuíndo a:  

Reducir a cantidade dos residuos producidos mediante a reciclaxe da materia orgánica.

Minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos.

Diminuír a frecuencia de recollida dos contedores xenéricos por parte dos servizos municipais. 

Minorar o número de desprazamentos que os habitantes do rural deben realizar aos contedores.  

 Todos os participantes neste programa reciben gratuitamente o seu composteiro e un manual de compostaxe doméstica cunha guía sobre a compostaxe doméstica e a recollida selectiva de residuos. As persoas interesadas poden solicitar o seu composteiro, ata fin de existencias, chamando ao 986 610 000 e contactando co departamento de Medio Ambiente. 

O CONCELLO GUARDÉS ENTRA NO PLAN REVITALIZA

 Ademais o Concello da Guarda ven de adherirse ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, un programa que permitirá converter en compost parte dos residuos orgánicos que se xeran na Guarda grazas á futura instalación de composteiros comunitarios. Nunha primeira fase instalaranse composteiros individuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario