1 de nov. de 2018

GONDOMAR

CULTURA

Conferencia de Miguel Álvarez Soaje: Antonio e Anselmo Arias Teixeiro: Dous lulistas galegos no Século da Ilustración  

Mércores 7 de novembro ás 20:30H, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (local do IEM), Gondomar

Pazo de Pías, da Ramallosa
IEM / Gondomar

 O Pazo de Pías da Ramallosa gardou durante centos de anos unha documentación importante para a historia do Val de Miñor. Grazas ás investigacións do polifacético doutor en Historia da Ciencia Miguel Álvarez Soaje, podemos hoxe coñecer mellor a dous ilustrados galegos do século XVIII: Antonio e Anselmo Arias Teixeiro. Un bisneto deste último foi o famoso José Arias Teixeiro e Correa, nacido en Pontevedra, onde seu pai foi alcalde, e finado no seu  pazo da Ramallosa en 1869.  

 A conferencia de Miguel Álvarez Soaje, coñecedor da historia da ciencia e das boticas monacais, descubriranos a influencia que tivo en Galicia a figura singular do pensamento medieval Ramón Llull. A Galicia do século XVIII estará luminosa na presentación dos ilustrados irmáns Arias Teixeiro. 

AXENDA
Mércores, 7 de novembro ás 20:30H na Aula de Cultura Ponte de Rosas (local do IEM), Gondomar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario