2 de nov. de 2018

A GUARDA

O BNG pedirá no pleno da Guarda o apoio aos 19 de Meirás 

Xan Lois Lomba Alonso, concelleiro do BNG: “O Parlamento Europeo apoia a proposta do BNG que abre a porta á ilegalización da Fundación Franco e amosa o apoio aos 19 de Meirás.” 


Xan Lois Lomba Alonso, concelleiro do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción en apoio ás 19 persoas que están denunciadas pola Fundación Francisco Franco, por un acto pacífico no que se denunciaba o espolio realizado polo xenocida ao pobo galego. Neses termos o ven de afirmar Xan Lois Lomba Alonso, concelleiro do BNG no Concello de A Guarda. 

 O pasado 30 de agosto de 2017 - engade Lomba Alonso - un grupo de persoas, galegas e galegos demócratas, militantes nacionalistas, sindicalistas, activistas sociais, culturais, da memoria... realizaron unha acción pacífica e simbólica, consistente en despregar dúas faixas no pazo de Meirás, co obxectivo de reclamar a intervención dos poderes públicos para recuperar un patrimonio que debe ser do pobo galego.  

 É delirante que unha acción totalmente pacífica, de 2 horas, nas que as persoas abandonaron o edificio sen ningún altercado, atopa cunha denuncia dos fascistas pedindo até 4 anos de cárcere; mentres seguen a realizar apoloxía do fascismo e da ditadura, idolatrando a un xenocida. Esperamos o apoio de toda a corporación”.

 Segundo indica Xan Lois Lomba “para o BNG resulta preocupante que unha fundación -que non podería existir legalmente en ningún outro Estado europeo- e a familia do ditador que se aproveita e beneficia do botín de guerra, realicen acusacións tan graves e infundadas.  

O BNG consegue o apoio do Parlamento Europeo  

 Ana Miranda, eurodeputada do BNG, defendeu unha proposta impulsada polo BNG na que se pide a ilegalización da Fundación Franco.Tamén resultaron aprobadas as emendas de casos europeos entre as que figuran a denuncia contra os 19 de Meirás e a retirada de simboloxía franquista”, conclúe o concelleiro nacionalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario