10 de nov. de 2018

A GUARDA

O BNG presenta unha moción sobre a tarifa eléctrica na Guarda   

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda: “O BNG pula pola creación dunha tarifa eléctrica galega, na condición de produtores, para abaratar a electricidade de todos os fogares e da industria e comercio"  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción sobre o sector eléctrico na Galiza.  A moción solicita, entre outras [cousas], a inmediata redución do IVE da electricidade pasando do 21% ao 4%, así como a modificación da Lei do Sector eléctrico que permita a regulación dunha Tarifa Eléctrica Galega que beneficie á Galiza pola súa condición de nación produtora de enerxía eléctrica que permita o abaratamento da electricidade para consumos domésticos e empresariais, dixo Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda.  

 No BNG - engadiu Ángel Luis Baz - defendemos que Galiza ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos. Para iso é fundamental poñer fin a esta situación de explotación colonial e reclamar capacidade normativa para poder tomar as decisións referentes a todos os aspectos do desenvolvemento enerxético.  

 Con este modelo, mentres Estado e eléctricas aumentan os seus beneficios e Galiza exporta enerxía, no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non poder permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada e a taxa de risco da pobreza incrementou nun 12,15% dende o 2009, e a Guarda non é allea a esta situación”.

 O BNG pula por unha tarifa eléctrica galega que abarate vía peaxes o prezo final da enerxías no noso país, que axudaría a democratizar o acceso para todas as persoas e, asemade, contribuiría a asentar o tecido industrial e económico do país, conclúe Ángel Luis Baz Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario