22 de abr. de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

O ATLETA GUARDÉS MIGUEL VIDAL ALONSO, CORREU HOXE A MARATÓN DE LONDRES


Miguel Vidal Alonso, amosando a "bandeira" da Guarda, o remate da Marathon de Londres, 2018 na que participou este domingo
Foto cedida por Maruchi Pena Basseda

Infogauda / Deportes


 Este domingo 22 de abril de 2018, ás 11:00 h. con unha temperatura de 23º, algo inusual na cidade británica a estas alturas do calendario, deu comezo a Maratón de Londres que na categoría de homes, entraría primeiro na liña de meta - por terceira vez, xa que tamén gañara en 2015 e 2016 - o keniata Eliud Kipchoge - considerado nestes intres como o mellor maratoniano -, que fixo un rexistro de 2.04:17.

 En categoría feminina, a keniata Vivian Cheruiyot foi a vencedora, con un tempo de 2.18:31.

 Máis desde Infogauda non queremos facer á crónica dese importantísimo evento deportivo internacional, porque para iso xa están os xornais especializados. O que si queremos deixar constancia é da participación na Maratón de Londres, de Miguel Vidal Alonso, natural de A Guarda e residente en Catalunya, que como é costume nel, o rematar á carreira amosou a "bandeira" de A Guarda, como queda acreditado na imaxe fotográfica que reproducimos nesta información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario