20 de mar. de 2018

AS CACHADAS (A GUARDA)

CONVERXENCIA GALEGA AMOSA SEU APOIO OS/AS TRABALLADORES/AS DE IMERYS KILN FURNITURE UBICADA EN AS CACHADAS (SALCIDOS)      


Celso R. Fariñas 
 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

 Noso mais forte alento e apoio as reivindicacións laborais dos homes e mulleres que traballan en Imerys Kiln Furniture, por un novo convenio laboral, non so para que mellore as súas condicións laborais, senon, para que non lles fagan perder dereitos adquiridos o longo dos anos, demostrando que son punteiros en cantidade e calidade de producción, e negándose a recortes e clausulas-trampas ofertadas pola empresa, que precarizan as condicións laborais e salariais.  

 Os pobos de A Guarda e O Rosal, teñen presente o que significou o longo do tempo na nosa economía a coñecida popularmente como “fábrica das Cachadas”, donde ata a súa “serea” marcou a hora nas zonas lindeiras.  

 Hai que loitar por que se manteñan as condicións e os postos de traballo, implicando nunha solución xusta a tódalas administracións, especialmente na nosa zona, donde o peche de empresas e comercio de toda índole, foi dos máis fortes do sur desta provincia, polo que non podemos volver a sufrir máis paro, nin máis emigración, e non podemos arriscarnos poñendo en perigo a estabilidade laboral e económica de máis de 60 familias, que incidiría moi negativamente na vida comercial do Baixo Miño.  

 A Guarda a 20 de marzo do 2.018       

 Celso R. Fariñas 
 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario