21 de mar. de 2018

A GUARDA

A obra de teatro «Elisa e Marcela» representarase  o xoves no Centro Cultural 

As persoas que posúan as entradas para acceder ao espectáculo, deberán presentarse antes das 20:30 h. no edificio.   
  


Sara Alonso / A Guarda

 O salón de actos do Centro Cultural acollerá mañá, xoves 22 de marzo, a representación da obra de teatro «Elisa e Marcela». As persoas que posúan as entradas para acceder ao espectáculo, deberán presentarse antes das 20:30 h. no edificio.   

 A obra «Elisa e Marcela», da compañía teatral A Panadaría, baséase na historia real de dúas mulleres que, en 1901, conseguiron enganar ao cura dunha parroquia da Coruña para que as casara. Elisa e Marcela convertéronse, así, no primeiro matrimonio lesbio do que se ten constancia en España.   

 Esta actividade enmárcase na programación especial con motivo do Día Internacional das Mulleres (8 de marzo), organizada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario