20 de mar. de 2018

A GUARDA

O CLUBE ATLÉTICO GUARDÉS DE BALONMÁN PRESENTOU O LIBRO DO SEU MEDIO SÉCULO DE HISTORIA

O acto de presentación contou coa asistencia de directivos, representantes institucionais, xogadoras e siareiros





Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Pouco a pouco, a síntese da Historia do Deporte na Guarda vai quedando reflectida en diferentes publicacions e iso é digno de salientar, porque todo aquilo que non se escrebe, pérdese inexorablemente co paso do tempo. 



 Un capítulo moi destacado do Deporte guardés, témolo no Balonmán, unha actividade deportiva que chegou á vila guardesa da mán - e nunca mellor dito -, da xenerosidade e da vontade, de un home desprendido como José Carlos Rodríguez Barros. 

 Desde os comezos da práctica dese deporte na nosa vila, alá polo ano 1967 ata o ano 2017, o balonmán tivo mulleres e homes, que lle deron continuidade o longo de medio século, e con moita entrega e non menos sacrifizo, o balonmán fíxose con todo merecemento, un oco destacado na Historia do Deporte de A Guarda. 

 Os comezos, como en todo, non foron doados, máis a vontade férrea daquelas pioneiras do balonmán, xunto co traballo en equipo de uns directivos os que non lles meteu medo ningún reto; fixo posible o milagre que todos coñecemos, ainda que non sempre saibamos valoralo na súa xusta medida.

 O libro HISTORIA DE 50 AÑOS DEL BALONMANO GUARDÉS - DEL PATIO DE LOS SOMASCOS A MEJOR EQUIPO DE ESPAÑA (1967-2017), da autoría de José Francisco Valderrama Cuiñas e Celso Rodríguez Fariñas, ven a amosarnos con textos e imaxes fotográficas, a traxectoria do balonmán feminino e masculino na Guarda, ata chegar o fito histórico de acadar o Club Balonmán Atlético Guardés - Mecalia o título de Campión da Liga 2016/2017 da DHF.

 Todo iso, debidamente contrastado e ordeado cronolóxicamente, foi recollido na devandita publicación, na que tamén colabouran José Carlos Rodríguez Barros, Manuel Benito Lomba Portela, Chus Alonso, Teresa Verde Villa, José Manuel Saá González, José Luis Vicente Parente, Manuel Campo Vidal e Carmela Silva Rego.

 En 238 páxinas, con numerosas fotografías en b/n e tamén en cor, o libro é unha magnífica aportación o coñecemento da historia do balonmán no pobo de A Guarda.





 O acto de presentación tivo lugar o fío das 12:30 h., do pasado sábado día 17 no Centro Cultural da Vila de A Guarda, comenzando con unha proxección de imaxes fotográficas daquelas mulleres e daqueles homes que comezaron a xogar balonmán no patio de terra do colexio PP. Somascos e anos máis tarde, pasar a xogar o pavillón municipal da Sangriña, nun "avance" significativo, se o comparamos cos comezos que poderíamos cualificar de "rupestres", e que a día de hoxe - o devandito pavillón municipal -, constitúe unha das grandes asignaturas pendentes no tocante a infraestructuras deportivas no municipio de A Guarda. Porque, independentemente de que o pavillón está aí, ninguén dubida das súas múltiples limitacions. E iso, sábemo moi ben tanto as persoas que practican deporte nesas instalacions, como os representantes federativos e institucionais, a diferentes niveis de corresponsabilidade.

 Deseguido interviñeron os autores do libro. Fíxoo en primeiro lugar Paco Valderrama, quen dixo, entre outras cousas: 

 "(...) En este libro prescindimos de pesadas y aburridas estadísticas, resultados y clasificaciones, y damos prioridad a las imágenes gráficas que nos han aportado muchos aficionados y sobre todo el excelente archivo que tiene a disposición de todos los guardeses,  Celso. 

 También es un homenaje a jugadores, jugadoras y técnicos, imprescindibles para el crecimiento del equipo.  Y a esa peña de aficionados reconocida como la mejor de toda España. 

 Es un libro en el que esperamos que se sientan representados todos y en el que aparezcan desde los abuelos y abuelas que vistieron las primeras camisetas, hasta los nietos que ahora están en el club (...)".

 Pola súa banda, Celso F. Fariñas, comentou algúns pormenores da publicación, e fixo fincapé na necesidade de acadar un pavillón en condicións, afirmación que foi acollida cos aplausos da maioría dos presentes no evento.

 Tamén relembrou que non debemos esquecer que unha das persoas que fixo posible á continuidade do balonmán na Guarda, é Manuel Álvarez Alonso, ex concelleiro da Corporación Municipal de A Guarda, e ex presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, pregando que se lle recoñeza súa labor a prol do balonmán.



 A continuación, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz dixo: 

 "(...) As grandes historias son sempre merecedoras de aparecer nos libros. A historia do noso club de balonmán, do noso querido Atlético Guardés, é sen dúbida unha desas grandes historias.

  Por suposto a que se conta libro non é a historia definitiva. É, iso si, é unha parte moi importante, a do seu nacemento e do seu primeiro medio século, pero todos sabemos que  É, iso si, é unha parte moi importante, a do seu nacemento e do seu primeiro medio século, pero todos sabemos que a historia continúa, que cada semana, equipo e afección, escriben un novo capítulo deste relato. (Dentro de pouco xa temos para outro libro).

 Un 50 aniversario é, por suposto, unha boa ocasión para homenaxear ás miles de rapazas e rapaces que dende 1967, no patio do colexio dos Somascos, ata a actualidade, na súa sede do pavillón da Sangriña, formaron parte desta aventura que se chama Atlético Guardés de balonmán.

 Quixo ademais a fortuna que todos os grans de area que foron pondo durante estes anos as persoas vinculadas ao Guardés, levaran a conseguir neste 50 aniversario, o maior dos nosos éxitos deportivos ata o momento, un éxito sen precedentes: a vitoria no campionato de liga da división de honra do balonmán feminino nacional.

 O Guardés comezou a súa andaina en 1967, de forma moi modesta e con moi poucos medios. Recordo da miña infancia o patio de terra dos Somascos que había que marcar todos os domingos (daquela o máis habitual era xogar o domingo pola mañá), ás veces, se nos deixaban, botabamos unha man. 

 O club tiña sección masculina e feminina nuns tempos en que o deporte feminino era moi escaso, case anecdótico en vilas tan pequenas como a nosa. Pero aquí había mozas con ganas e atrevemento abondo para formar parte do equipo que José Carlos Rodríguez Barros fixera. Eran os primeiros pasos do que co tempo sería un dos grandes proxectos deportivos da Guarda.

 Hoxe, 50 anos despois, a sección feminina do Atlético Guardés é un referente nacional. Gañamos unha liga, algo que está ao alcance de moi poucos clubs, ningún dunha vila do tamaño da nosa. A tempada 2016/17 foi unha auténtica fazaña, o cumprimento dun soño do que participamos practicamente todos os veciños e veciñas da Guarda.

 Nas vilas mariñeiras as mulleres teñen un papel protagonista. Na Guarda moitas mulleres tiveron, e aínda teñen, que facer de nais e pais. Quizais sexa esta característica a que fixo que aquí arraigara o balonmán feminino dunha forma tan fonda. Sexa como for, creo que todos debemos sentirnos orgullosos de que as nosas mulleres nos representaran tan ben durante todos estes anos.

 Temos que ter en conta que, aínda que avanzamos moito, o deporte feminino segue sendo minoritario hoxe en día, e o noso club serve de referencia e exemplo cando se fala de igualdade no deporte.Tamén neste sentido estamos facendo unha gran labor.

 Quero agradecer ás persoas que fixeron posible a edición deste libro o seu traballo. Gracias a vós, dende hoxe, temos nas nosas mans un anaco moi importante da historia da Guarda, da nosa historia. Gracias tamén aos protagonistas deste relato, a todas esas persoas coas que nos atopamos ao abrir o libro, e tamén ás que non aparecen. Grazas a toda a familia do balonmán por tantos anos de traballo e dedicación. 

Ánimo e forza. Aupa Guardés! 

Moitas gracias".



 Logo houbo outras intervencions, como a de Daniel Benavides Alonso, Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte, de Xunta de Galicia; Montserrat Magallanes Álvarez, deputada provincial; José Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega de Balonmán; e finalmente José Manuel Silva Vicente, presidente do Club Balonmán Atlético Guardés - Mecalia.



 De xeito obviamente resumido, podemos decir que tanto o representante da Secretaría Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, como o presidente da Federación Galega de Balonmán coincidiron no esencial, no que debe ser unha prioridade para á práctica do balonmán na vila de A Guarda, pois o Atlético Guardés, pola súa traxectoria deportiva ben merece contar con unhas instalacions axeitadas a categoría na que milita o equipo da DHF.



 Pola súa parte, a deputada provincial salientou o apoio da Deputación de Pontevedra o Deporte e agradeceu os autores do libro seu traballo para facelo posible.



 E como non podía ser doutro xeito, o presidente do club agradeceu á labor desenvolvida o longo destes primeiros cincuenta anos de actividade balonmanística na Guarda, e de xeito moi especial, relembrou a aquelas persoas que aportaron toda súa colaboura para que o balonmán guardés superara os moitos atrancos que se presentaron o longo deste medio século de andaina deportiva. 

 Finalmente José Manuel Silva Vicente, anunciou que Mecalia deixará de ser o patrocinador principal do Club Balonman Atlético Guardés, motivo polo cal, convidou os representantes institucionais a traballar para conquerir firmas patrocinadoras, que colabouren nun futuro a curto prazo.





 O acto remataría con unha "foto de familia" na que houbo representantes institucionais, federativos, xogadoras, directivos,..., e deseguido a posta en circulación do libro, que foi asinado polos autores.


GALERÍA DE IMAXES DA PRESENTACIÓN DO LIBRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario