20 de feb. de 2018

GOIÁN

AS VOSAS IMAXES

O DESFILE DE ENTROIDO GOIANÉS: SIMPATÍA E COORIDO A MÁNS CHEAS

Fotografías: Santiago Baz Lomba


Infogauda / Goián

 O Entroido 2018 xa rematou, alomenos o entroido que xurde do pobo, porque outros entroidos - os que saen nos medios de comunicación, e que protagonizan persoeiros de diferentes pelaxes - continúan no día a día, xerando en moitos casos, non o divertimento, como no caso do entroido choqueiro e transgresor, senón os comentarios críticos da maioría social que considera que xa é dabondo e que algúns - e algunhas - deberían render contas das súas actuacions, non sempre confesables.

 En todo caso, en Goián, o Entroido éche unha festa de fonda raigame, que concita que propios e visitantes saian ás rúas para compartir eses días tan agardados polos goianeses e veciños da comarca.

 E un dos eventos máis concurridos do Entroido goianés é, sen ningún lugar a dúbidas, o Desfile do Martes de Entroido. E como este ano, a inestable climatoloxía non garantía que o desfile non fora pasado por auga, a Comisión de Festexos decidiu aprazalo para o Domingo de Piñata. A decisión, que nun primeiro intre foi cuestionada por algunhas persoas, resultou ser, visto o visto, todo un acerto. 

 Como queira que o fotógrafo guardés Santiago Baz Lomba, ten unha especial querencia por Goián, non dubidou en deixar boa testemuña do que deu de sí o Desfile do Entroido. Vexan, senón, a súa reportaxe fotográfica.



Ningún comentario:

Publicar un comentario