18 de feb. de 2018

GOIÁN

O ENTROIDO GOIANÉS CONGREGOU A MOITAS PERSOAS DE TODA Á BISBARRA

Fotos: Infogauda


Infogauda / Goián


 Como era de prever non comezou ás 16:00 h. como á organización había anunciado na tarde do Martes de Entroido, xa que arrancaría unha hora máis tarde. En todo caso, este domingo día 18 de febreiro de 2018, celebrouse o Desfile de Entroido, que en Goián ten unhas características própias, que o diferencian de calquer outro dos que teñen lugar en moitos pobos de Galicia. Sendo precisamente por iso, polo que poderíamos decir que polas súas señas identidade, o Desfile do Entroido de Goián ten merecida fama, o que fai que sexan moitas ás persoas poñan rumbo a vila goianesa para disfrutar da animación e da troula do entroido que fan os veciños. E fánno para súa diversión e para compartilo con tódolos visitantes.

 E nesta ocasión, como á climatoloxía así o quixo, nos días precedentes, o Enterro da Taíña non tivo lugar na data que figuraba no cartel, polo que tamén quedou para este domingo. E abofé que foi un magnífico xeito de rematar a celebración destes festexos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario