19 de feb. de 2018

DEPORTES

A MAIORÍA DA REPRESENTACIÓN DE ATLETAS DO ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO QUEDA ESTA VEZ, CO MEL NOS BEIZOS 

QUEDANDO ÁS PORTAS DO PÓDIUM NO CAMPIONATO DE GALICIA ESCOLAR DE CAMPO A  TRAVÉS XOGADE, DISPUTADO EN POBRA DO  CARAMIÑAL

EXCEPTO ÁLEX SIERPES PEREIRA QUE SE LLE ESCAPOU O OURO NO ÚLTIMO INSTANTE, E FÍXOSE CO SUBCAMPIONATO GALEGO NA CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO 



Atletismo Trega / Redacción

 Este pasado fin de semana no circuíto praia de Cabío, en Pobra do  Caramiñal, celebrouse o Campionato de Galicia de campo a través das categorías alevín, infantil, e cadete curto, tanto masculino como feminino – individual e por equipos, que estaría organizado polo servizo de deporte da Coruña, a Xunta de Galicia, coa colaboración do concello de Pobra do  Caramiñal, delegación coruñesa, Federación Galega de Atletismo, Agrupación Deportiva Ás Rías e Agrupación da Barbanza. 

Carmen Magallanes i Elisa Morgado

 Cun estupendo día de sol ás 11:30 h. comezaría o evento coa saída da categoría alevín feminino, que farían un percorrido de 1.500 m. aproximadamente, onde nosas valentes campioas quedarían atrasadas. Carmen Magallanes Pérez quedou en 5ª posición, facendo un tempo de 5´58", seguida pola súa compañeira Elisa Morgado Rodríguez, que acadou á 6ª posición, facendo un crono 5´58" entrando en meta moi emparelladas as dúas, a sprint. 

Álex Sierpes Pereira, subcampión galego de 2.000 m. na categoría alevín masculino
                                    Álex Sierpes Pereira - a esquerda da imaxe - no podio

 A continuación seguiríanlle os alevíns masculinos onde teriamos unha ampla representación formando un equipo de 5 compoñentes, nunha distancia de 2.000 m. aproximadamente, escapándoselle o ouro  a Álex Sierpes Pereira, 2º clasificado, e proclamándose subcampión galego nun disputadísimo sprint, e perdendo o liderado xusto na liña de meta a centésimas do primeiro clasificado, facendo un tempo de 7´08". Un pouquiño máis atrás entraría o seu irmán Christian Sierpes Pereira cunha marca de 7´35" facéndose cun 5º posto.  

Compoñentes do equipo alevín masculino que participaron no Campionato de Galicia escolar de campo a través Xogade

 Seguiríalle na posición de 45º clasificado o terceiro compoñente do equipo Óscar Eiras Castro cunha marca de 8´46", pisándolle os seus pasos en 47ª posición Marco Martínez Rial, facendo un crono de 8´49". E como 56º clasificado entraría o último compoñente do equipo  Sergio Morais Rodríguez, cun tempo de 11´06", sumando en total 69 puntos terminando a tan só 2 puntos da prata e o bronce por equipos que houbo empate técnico. Toda unha pena por ese triste apuntamento ao quedar coa sensación de poder facer algo máis. 

Marcela Rodríguez

 Pechando a nosa representación teriamos a última atleta, Marcela Rodríguez, na categoría infantil feminino, que faría unha distancia de 2.000 m. aprox., quedando en 5ª posición. Tamén de novo, como nos casos anteriores mencionados e facendo unha sensacional marca de 7´34". Desta maneira practicamente o Atletismo Trega pecha a tempada invernal co desenvolvemento das competicións de campo a través. 

 Tan só tócanos felicitar a todos os atletas aquí presentes e non presentes, que participaron connosco esta tempada, e agradecerlles de todo corazón a nais/pais, adestradores e atletas o ben que o fixemos todos xuntos ata o final. 

 Moitas felicidades chicas/os!

 Arriba Trega!

Ningún comentario:

Publicar un comentario