23 de feb. de 2018

A GUARDA

O calendario de andainas organizado por Caminha e A Guarda para 2018 inclúe 8 novas rutas por Galicia e Portugal

O prazo de inscrición para as andainas programadas entre marzo e xuño comezará o vindeiro luns, 26 de febreiro, e rematará o 1 de marzo


Infogauda / A Guarda

 A Oficina de Turismo Municipal do concello guardés informa que a Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda dan a coñecer o calendario de andainas organizadas conxuntamente polas institucións locais para este ano. A nova programación inclúe 8 rutas a realizar entre marzo e novembro, co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño. 

 A primeira andaina, programada para o 10 de marzo, seguirá acoñecida como ‘Ruta máxica de Oia’ cun percorrido de 18 km. 

 O 14 de abril celebrarase a segunda saída, na que os participantes poderán realizar a ruta polos pasadizos do río Vez, en Sistelo, con 20 km de percorrido. 

 A terceira camiñada será tamén en Portugal, o 1 de maio. Nesta ocasión, realizarase a ruta do Val de Âncora, en Caminha, cun percorrido de 15 km. 

 O 9 de xuño, retornaremos a Galicia para realizar a ruta das Fragas do Eume (16 km) e, xa en o 28 de agosto, volverase realizar a visita á Romaría de Sao Joâo D’Arga, en Caminha (22 km).  

 A ruta de Cova Moura (Monçao) será a sexta andaina deste novo calendario, con 20 km de percorrido a realizar o 15 de setembro; e, para cerrar o ano, realizararase unha andada de 15 km polo Monumento Natural de Pena Corneira (20 de outubro) e unha ruta de 18 km polos Muíños do Folón e do Picón o 10 de novembro.   

 O prazo de inscrición para as andainas programadas entre marzo e xuño comezará o vindeiro luns, 26 de febreiro, e rematará o 1 de marzo. Terán prioridade aquelas persoas que se inscriban en todas as actividades deste primeiro semestre do ano. As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na Oficina de Turismo do Concello da Guarda, chamando ao teléfono 986614546, ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario