12 de nov. de 2017

CRECENTE

A Consellería de Cultura destinará 35.000 euros a mellorar o equipamento cultural de Crecente 

O departamento dirixido por Roman Rodríguez contribuirá á dotación dos locais de dúas asociacións da parroquia de Albeos e do auditorio municipal

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Crecente, Julio César García Luengo Pérez


Infogauda / Crecente

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Crecente, Julio César García Luengo Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do que o departamento de Cultura do Goberno autonómico destinará 35.000 euros á mellora do equipamento cultural deste concello pontevedrés.  

 En concreto, o orzamento destinarase a mellorar as instalacións e ampliar o mobiliarios das sedes da Asociación Cultural San Pelayo de Albeos e da Asociación de veciños Santo Cristo de Albeos; así como do auditorio municipal de Crecente. Será o propio Concello o que se encargue da realización dos traballos de mellora e da adquisición do equipamento.  

 Este acordo enmárcase na aposta da Consellería por fomentar que as medianas e pequenas poboacións conten con espazos nos que poidan poñer a disposición da poboación local unha oferta cultural variada e de calidade, procurando o acceso á cultura en igualdade de condicións de todos os galegos. Non en balde, ademais de convenios como o asinado hoxe, a Consellería mantén unha liña de axudas, cun orzamento de 500.000 euros, destinada a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario