12 de xul. de 2017

A GUARDA

XIII FESTIVAL DE BAILE MODERNO XAMARAINA: UN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN E DE PÚBLICO 

Tivo lugar no Auditorio San Bieito, na tardiña do pasado domingo día 9 de xullo




Infogauda / A Guarda

 De éxito total, en tódolos sensos, cabe cualificar o espectáculo que ofreceu o Grupo Xamaraina, na tardiña do domingo día 9 de xullo, no Auditorio de San Bieito, de A Guarda. Éxito de participación de compoñentes da Xamaraina, coa súa directora Elena Baz Rodríguez como presentadora e tamén como participante en algún dos números que presentaron. E éxito tamén, de asistencia do respectable público, que encheu tódalas bancadas do devandito recinto, e arredores.


Fotos: Lalo Rodríguez

 O espectáculo que ofreceu Xamaraina foi moi atractivo, dinámico e variado. Hai moita labor detrás de cada número, e hai moita implicación doméstica - sobor de todo das mamás dos compoñentes do grupo -, xa que o vestiario presentado, foi moi heteroxéneo cando tiña que ser, e o mesmo tempo moi vistoso. E cando correspondía empregar cores como o negro ou o branco, e mesmo o vermello, a elegancia foi a nota dominante. 

 Asemade, a temática dos distintos números presentados foi moi ben pensada, de tal xeito que coidamos que tódolos públicos quedaron satisfeitos co festival de baile moderno, onde a disciplina deuse a mán co divertimento, sen descoidar nunca as formas, as coreografías e mesmo a dramatización, cando foi necesario.

 O cabaret dos anos 20; unha lembranza a Federico García Lorca e súa significación, reinterpretando unha canción  - "Al alba" - de Luis Eduardo Aute; unha homenaxe póstuma a Tino Casal, versionando en pasos de baile moderno seu tema "Eloise"; unha coreografía inspirada na canción "Corazón partío", de Alejandro Sanz; e tamén algúns bailes inspirados na filmografía como "E. T.", "Back to the Future", etc., foron, entre outros, algúns dos números presentados e que o respectable público premiou cos seus aplausos.

 Desde Infogauda saudamos esa actividade que, entre outras, desenvolve o Grupo Xamaraina, na que participan nenas e nenos de diferentes edades, e que contribúe o seu desenvolvemento como persoas e tamén lles enriquece culturalmente. 

 GALERÍA DE IMAXES DO FOTÓGRAFO LALO RODRÍGUEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario