1 de xuño de 2017

TOMIÑO

FÚTBOL

Os cadetes da AD Tomiño xogarán a final de Copa 

Pola súa parte, os alevíns tomiñeses clasificáronse para as semifinais   



Gonzalo Lomba / Tomiño

 Os cadetes da AD Tomiño clasificáronse para a final de Copa logo de vencer ao Gondomar FB no partido disputado o mércores na Carballa. O equipo tomiñés fixo valer a súa pegada para superar ao equipo visitante por 4 goles a 1. 

 Deste xeito os rapaces adestrados por Jesús e Bruno agardan rival na final que se disputará este fin de semana e súmanse aos prebenxamíns da AD Tomiño que tamén xogarán a final da súa Copa. Os alevíns do clube, pola súa parte, certificaron tamén o seu pase as semifinais do torneo copeiro.  


 Ao rematar o encontro, os cadetes vermellos recibiron de mans dun representante da Federación o trofeo que os acredita como campións de liga. Os rapaces da AD Tomiño puideron así ofrecer o título a afección que os acompañou na súa clasificación para a final de copa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario