1 de xuño de 2017

OIA

O CONCELLO DE OIA RINDE UN MERECIDO RECOÑECEMENTO A MARTA POMBAL MARTÍNEZ, POLO SEU PRIMEIRO TÍTULO DE LIGA  

Marta Pombal Martínez - no centro da imaxe - coa alcaldesa e membros da Corporación Municipal do Concello de Oia
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia recibiu hoxe a Marta Pombal Martínez pola consecución do primeiro Campionato de España da Liga 2016-2017 de Balonmán Feminino, como xogadora do Mecalia Atlético Guardés, equipo onde xoga na categoría senior dende fai dous anos. 

 A alcaldesa, Cristina Correa Pombal, en nome do Concello, lle fixo entrega dunha figura en recoñecemento da fazaña conseguida e do cariño e estima que se lle ten, convidándoa a participar como invitada de honra no Campus Deportivo que se celebrará no mes de xullo. 

 Marta é un exemplo de traballo e dedicación no deporte e nos estudos, xa que a cantidade de tempo e esforzo que lle leva militar nun equipo de primeira división feminina de balonmán, non é obstáculo para que poida compaxinalo cos estudos.  

 A pesar da súa xuventude -acaba de cumprir os 18 anos-, xa ten un palmarés deportivo envexable: foi medalla de bronce no Campionato de España de balonmán; foi a xogadora máis nova en xogar no Campionato de Europa; e acaba de engadir o título máis importante a nivel nacional: o título de Liga Loterías de Balonmán Feminino. A súa afición comezou aos 8 anos cando empezou a xogar como amateur no CEIP Mestre Manuel García, dando o salto dende alí ó Atlético Guardés, onde leva xogando nove anos, primeiro na categoría xuvenil e despois no equipo senior de segunda, co que ascenderon de categoría e conseguiron o billete para a fase de ascenso.  

 Agora mesmo está preparando con moita ilusión a selectividade, xa que ten un obxectivo marcado e que espera poder conseguir, estudar dentro da rama da medicina. Ánimo Marta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario