3 de xuño de 2017

A GUARDA

A XUNTA SEGUE ESQUECENDO A IMPORTANCIA DA VAP PARA A NOSA COMARCA   



 Os Socialistas da Guarda consideran inadmisible que a Xunta de Galicia siga mantendo incomunicado o Baixo Miño ao non aportar tan sequera prazos para o remate da Vía de Altas Prestacións entre A Guarda e Tui, o que demostra a situación de esquecemento a que San Caetano somete a comarca. Nas propias verbas do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, onte no Rosal, a un medio de comunicación local (preguntado sobre os prazos para o tramo entre Tui e Goián), recoñeceu que aínda non teñen prazos tan sequera para poder aproximar unha data. 

 Como ven declarando nos últimos meses, Antonio Lomba, Alcalde de A Guarda seguirá insistindo co resto de concellos para que se comece a traballar: “Isto demostra o escaso interese que o Partido Popular demostra para esta imprescindible infraestrutura da nosa comarca, que obriga a desprazamentos máis conxestionados e inseguros. Parece que non teñen en conta que sen a V.A.P. a comarca segue adoecendo. Votan a favor aquí nos concellos e logo en Santiago deixan morrer nun caixón o proxecto, como eles mesmos recoñecen.”   

 O grupo do PSdeG no Parlamento de Galicia ven de presentar nos Orzamentos da Comunidade para este 2017, dúas emendas para incluír dotacións no proxecto. A primeira de 8 millóns de euros para o tramo I e II da V.A.P. e a segunda para o acceso a Areas de 400.000 €. Ambas botadas atrás polos votos do PP, o que demostra a dobre vara dos conservadores, opoñéndose e negando a maior a gran necesidade que ten a comarca.   

Abel Losada, deputado socialista por Pontevedra

 Abel Losada, deputado socialista por Pontevedra recoñece que: “non esconden tan sequera o desinterese. Ca negativa de incluír esa emenda, perdemos unha oportunidade máis de rematar ese tramo que conecta mellor a comarca ca cidade referencia que é Vigo. Non só por unha cuestión monetaria senón por comezar a traballar e ter o compromiso da administración autonómica. Os Socialistas xa tiñamos a sensación de que a VAC non era prioridade para a Xunta nesta lexislatura, pero agora xa o pódemos demostrar con feitos, por exemplo, 41 votos en contra nesa votación.”    

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DA GUARDA

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario