3 de xuño de 2017

A GUARDA

A Asociación Studio 88, de A Guarda contará co profesor Eduardo Alves Da Costa Lojo

Para impartir clases de Pandereta e Baile Tradicional Galego

Eduardo Alves Da Costa Lojo


Infogauda / A Guarda

 A Asociación Studio 88, de A Guarda contará co profesor Eduardo Alves Da Costa Lojo, para impartir un obradoiro de Pandereta e Baile Tradicional Galego.

 As clases terán lugar no verán, con posterior funcionalidade durante o resto do ano. Serán os sábados, e o horario irá en función das persoas -  a partires dos 4 anos - que estén interesadas. 

EDUARDO ALVES DA COSTA LOGO
 Eduardo Alves Da Costa Lojo, comeza súa andaina no mundo da Danza Tradicional Galega, na Agrupación Folclórica “Lembranzas Galegas” de Vigo, onde estivo entre 1968 e 1980. 

 · En 1980 ingresa no Ballet Galego “Rey de Viana”, de A Coruña, permanecendo durante 7 tempadas, (1980 – 1987), como bailarín titular do corpo de baile do debandito ballet, onde ademáis de iniciarse na disciplina da danza clásica, coreografía e direción artística, adquire grandes coñecementos sobre a danza tradicional galega. Con esa compañía artística, fundada por José Manuel Rey de Viana e súa dona Victoria Canedo, percorrería medio undo bailando ante públicos esixentes, dos máis internacionalmente afamados teatros. 

· En 1983, aínda formando parte do elenco do Ballet Galego “Rey de Viana” comeza dar clases de danza tradicional en diferentes asociacións culturais de diversas localidades das provincias de A Coruña e de Pontevedra, agrupacións que aínda dirixe: 

· 1983: Escola de Danza de Boiro (A Coruña), onde aínda segue.
· 1990: Escola de Danza “Vila de Baiona”. 
· 2006: Agrupación Folclórica de Cuntis.
· 2006: Agrupación “Castromao”, de Mondariz. 

"Canteiros", da Agrupación “Castromao”, de Mondariz, que dirixe o profesor Eduardo Alves Da Costa Lojo 

 En todos estes anos asiste a cursiños impartidos por coreográfos e etnógrafos de recoñecida altura profisional: Juanjo Liñares, Alfonso Vidal, entre outros, así como traballos de investigación e recolleita, coñecementos que o levan dende 2007, a impartir cursiños de danza tradicional en varios centros galegos da península e outras asociacións: Asociación Danzas de Mundo: Pornic, Saint Nazaire e Lyon (Francia); Centro Galego de Lucerna (Suiza); Centros Galegos de Valladolid, Burgos, Madrid e Barcelona. 

 Na actualidade, dende 2007 ven dirixindo o Ballet Folclórico Galego, proxecto dunha compañía sen ánimo de lucro, composta dunha seleción de tódolos seus alumnos das diferentes agrupacións.  

 As persoas interesadas en participar nos obradoiros que impartirá o profesor Eduardo Alves Da Costa Lojo, poden poñerse en contacto con la Asociación Studio 88, chamando o teléfono: 686 512 863 

 Ou remesando un correo o seguinte enderezo electrónico: asociacionstudio88@hotmail.com 

 Tamén mediante á paxina de Facebook da Asociación Studio 88.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario