1 de xuño de 2017

A GUARDA

O BNG explicou a súa proposta de Concerto económico para Galiza na Guarda  

Montse Prado: “Galiza aporta máis cartos ao Estado español dos que recibe. Non somos probes, téñennos emprobecidos” 

Montse Prado Cores, deputada do BNG no Parlamento galego e Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Guarda, presentaron a proposta do BNG de Concerto Económico para Galiza
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, presentou diante dun nutrido auditorio na Casa dos Alonso, a súa proposta de Concerto Económico para Galiza.  

 O acto estivo presentado por Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG na Guarda, e contou coa intervención de Montse Prado Cores, deputada do BNG no Parlamento galego. 

 Durante a intervención púxose de manifesto que Galiza é un país rico con recursos, que aporta máis ao Estado español do que recibe.  

 Montse Prado expuxo as “contas tramposas” que fai o Estado español, onde se queda co 100% do imposto de sociedades, ou o 50% do IRPF e IVE, ..., entre outros.  

 “Se Galiza tivese un concerto económico propio co Estado, teriamos moitos máis recursos económicos para poder investir en educación, sanidade, I+D, Cultura,...”, sinalou Montse Prado durante a reunión.  

 “Cun financiamento máis favorábel para Galiza debe repercutir nos concellos, tal e como se está a facer na Deputación dende que o BNG chegou”, comentou Ángel Luis Baz. 

 O acto rematou cun enriquecedor debate onde se puxeron de manifesto a necesidade dunha nova relación entre Galiza e o Estado español que sexa máis beneficiosa para os galegos e galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario