1 de xuño de 2017

A GUARDA

O CEIP AS SOLANAS - NICOLÁS CUTIÉRREZ CAMPO, HOMENAXEA ÁS XOGADORAS DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS, CAMPIOAS DE ESPAÑA DO BALONMÁN FEMININO

Alumnas/o do CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo, saúdan ás xogadoras e recentes campioas do club de balonmán feminino Mecalia Atlético Guardés
Fotos: Lucía Martínez Diz

Lucía Martínez Diz / A Guarda

 O CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo, homenaxea ás xogadoras e recentes campioas de España do club de balonmán feminino Mecalia Atlético Guardés. 

Tres xogadoras do Mecalia Atlético Guardés - en representación de todo o equipo - estiveron no CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo compartindo co profesorado e alumnado do centro educativo, a ledicia de haber acadado o Campionato de España de Balonmán, División de Honra Feminina
As xogadoras do Mecalia Atlético Guardés,todo un exemplo a seguer, atenderon ás preguntas que lles formulou o alumnado do CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo

 O acto foi moi emotivo. O alumnado fíxolle un gran recibimento con cánticos e corredoiros. Houbo tamén unha rolda de preguntas e fotografías grupais polas clases. A presenza das xogadoras foi unha gran ledicia para o alumnado. 

 Esperamos volver a telas con nós o ano próximo. 

 Noraboa campioas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario