2 de xuño de 2017

A CRUZADA (A GUARDA)

O CONCELLO DA GUARDA ACOMETERÁ NOS PRÓXIMOS MESES AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA 1ª FASE DA PARTE ALTA DA RÚA CAL 

Conta  con un orzamento de 54.998.40 € e discurre o longo de 100 m., partindo do entronque coa Estrada de Circunvalación (parte máis achegada a Camposancos

O alcalde Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero; e a concelleira non adscrita, Fátima Iglesias Ferreira, visitando a Rúa Cal, no barrio da Cruzada
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O 1º tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero, ven de comunicar que "nos próximos meses, o Concello de A Guarda acometerá ás obras de urbanización da 1ª fase, da parte alta da Rúa Cal".

 "A execución desta primeira fase foi - relembra Miguel Ángel Español - un compromiso adquirido polo equipo de goberno coa concelleira non adscrita Fátima Iglesias Ferreira para a aprobación dos orzamentos do ano 2017, así como a redacción do proxecto completo que comprende as restantes fases e que  se irá executando no futuro".  

 Español Otero sinala que "esta primeira fase conta  con un orzamento de 54.998.40 € e discurre o longo de 100 m., partindo do entronque coa Estrada de Circunvalación (parte máis achegada a Camposancos) por ser a que en peor estado se atopa. As obras consistirán na reposición e dotación de novos servizos, rede de augas pluviais, abastecemento etc., así como a reposición do pavimento consistente nunha liña central de granito e laterais de formigón".

Ningún comentario:

Publicar un comentario