30 de maio de 2017

DEPORTES

Este mércores, día 31 de maio, xóganse as semi finais da Copa Deputación de fútbol masculino 

O enfrontamento entre Sporting Guardés e Choco e o partido entre Estradense e Céltiga decidirán os finalistas 

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, na presentación da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol masculino
Foto: D.P.

Infogauda / Redacción

 Este mércores xóganse as semi finais da Copa Deputación de fútbol masculino na súa edición de 2017 cos dous partidos entre o Sporting Guardés e o Club Deportivo Choco e o outro entre o Club Deportivo Estradense e o C.F. Céltiga.  

 O partido entre o Sporting Guardés e o Choco xógase no estadio municipal de A Sangriña de A Guarda as 21:00 horas e o choque entre o Estradense e o Céltiga no campo de fútbol municipal de A Estrada  as 21:15 horas. 

 Deste xeito arrinca a recta final da Copa Deputación de Fútbol na que participaron 125 equipos de terceira división, preferente e das primeira, segunda e terceira división autonómica. En concreto, a Copa dividiuse en tres fase comarcais. Deza-Tabeirós, na que xogaron 12 equipos; Pontevedra, que reuniu a 54 equipos e a fase de Vigo na que xogaron 59 equipos.  

 De feito, as semi final entre o Sporting Guardés e o Choco, corresponde a fase de Vigo e o outro enfrontamento entre o Estradense e o Céltiga corresponde coa fase de Deza-Tabeirós e Pontevedra, que acaban uníndose nunha mesma. Precisamente a característica da Copa Deputación fai que equipos dunha mesma comarca pero en divisións distintas podan chagar a xogar unha semi final, como é o caso de  Guardés, que milita na primeira autonómica cun  terceira división, como é o Choco. E no caso doutra semi final, coinciden un equipo de preferente, o Estradense, cun terceira división, como é o Céltiga.  

 Tras estes dous choques de semi finais, os equipos gañadores, a Federación Galega de Fútbol e a Deputación manterán o venres un encontro para acordar a data de celebración da final e a localización do campo de fútbol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario