30 de maio de 2017

DEPORTES

Campionato de España de Atletismo ao Aire libre, Huelva 2017  

A SECCIÓN DE ATLETISMO DO CLUB POLIDEPORTIVO SAN XEROME, ACADA NOVOS ÉXITOS

María F. García Orduña, proclamouse por segundo ano consecutivo, Campiona de España de Lanzamento de disco F20 Competición, e acadou unha medalla de prata en Lanzamento de xavelina
Fotos: C.P.S. Xerome

Fabio Martínez Otero - no podio, a esquerda da imaxe - acadou a medalla de prata no lanzamento de disco F20 Competición

Informa: Club Polideportivo San Xerome / A Guarda

 O Club San Xerome, na súa Sección de Atletismo, participou no Estadio Iberoamericano de Huelva Emilio Martín, cun total de sete atletas, un en categoría junior, un en categoría adaptada e cinco na categoría Absoluta.   

 Os resultados finais reflexaron o enorme esforzo destes deportistas, a implicación dos adestradores e dos apoios, que fan posible a práctica deportiva.  

María F. García Orduña, atendendo á comunicación social logo de conquerir novos éxitos deportivos

 No medalleiro destacou María F. García Orduña, que se proclamou por segundo ano consecutivo, Campiona de España de Lanzamento de disco F20 Competición, e unha medalla de prata en Lanzamento de xavelina; Fabio Martínez Otero que obtivo a medalla de prata no lanzamento de disco F20 Competición e quedou na 4ª posición en xavelina. 

 Maite Santos Medalla de Bronce 800m lisos, categoría T22 Adaptada. 

Raúl Mansinho Bernárdez acadou dous subcampionatos de España

 Pola súa banda o atleta junior Raúl Mansinho Bernárdez, que debutaba na categoría, rematou Subcampion de España en salto de lonxitude, e Subcampión en 200m lisos, e obtivo un meritorio bronce nos 400 m lisos. 
   
 Outros resultados a destacar son o 7º posto de Maite Santos nos 400 m lisos; o 10º e 12º posto respectivamente, de Borja Cadilla e Luis Sandez nos 5000m lisos; 10º posto en xavelina Armando Verde e o 5º posto en relevos T20 Masculino 4×400 m lisos (equipo formado por Luis, Borja, Raúl e Armando).    


 Por equipos absoluta o Club San Xerome mantense cos mellores do ranking, xa que rematou na 8ª posición no Campionato de España, dun total de 45 equipos participantes e 256 atletas.   

 Emilio Martín, Campeón do Mundo de Duatlón, e con varias medallas en Campeonatos Internacionais, fixo entrega das medallas e trofeos conmemorativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario