31 de maio de 2017

DEPORTES

Feijóo traslada ao Mecalia Atlético Guardés o orgullo dos galegos por ter "o mellor equipo de balonmán de España" 

Anima ao club a seguir sendo un exemplo para as xeracións futuras



Infogauda / Vigo

 O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe ao club de balonmán Mecalia Atlético Guardés, gañador da Liga Loterías de Balonmán feminino e trasladou o orgullo dos galegos por ter “o mellor equipo de balonmán de España”. 



 Durante a recepción, Feijóo referiuse ao logro acadado como un éxito de todo o equipo e de todo o pobo da Guarda. E animou ao club a seguir sendo un exemplo para as xeracións máis novas, “porque o deporte- aseverou- non é só exercicio físico, é un estilo de vida, dedicación, entender aos demais e competir deportivamente. É, en definitiva, respecto, esforzo e determinación”.   


Ningún comentario:

Publicar un comentario