31 de maio de 2017

A GUARDA

REMATA O PRAZO VOLUNTARIO DE PAGAMENTO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA



 O vindeiro día 7 de xuño de 2.017 finaliza ó período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ó IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, exercicio 2.017.   

 No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da mesma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria (Rúa José M. Andreini, nº 6 Baixo – Teléfono: 986 60 90 67) ou a través da páxina web do Concello de A Guarda (NORMATIVA MUNICIPAL > Cartas de pagamento), xa que ó  tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pago nin da vía executiva.   

 Infórmase, ademáis, que a partir de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.         

Oficina Xestión Tributaria  
Concello de A Guarda
Rúa José M. Andreini, nº 6 Baixo
Teléfono / Fax: 986 609 067    

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario