19 de mar. de 2017

A GUARDA

FESTIVIDADE DE SAN BIEITO "DO INVERNO"

Celébrase o martes día 21 de marzo

Retablo barroco coa imaxe de San Bieito, que se venera na igrexa que pertenceu o Convento das NN. Bieitas, de A Guarda  
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda   

 O vindeiro martes, día 21 de marzo, é a festividade de San Bieito, Patriarca do monacato occidental, fundador da Orde Bieita e a vez, Padroeiro dos exorcistas. 

 Na vila de A Guarda, na igrexa adicada a súa advocación, que pertenceu o Convento das Bieitas, haberá misas ás 9:00; 10:00 e ás 11:00 horas, sendo esta última, á solemne, que contará coa participación da Coral do Club da Terceira Idade e Pensionistas, de A Guarda, dirixida por David González Sobrino.

 A San Bieito atribúenselle poderes curativos de diversas enfermedades, especialmente as espullas e males relacionados coa pel. A tradición dí que para elimina-las espullas hai que ter fe en San Bieito e apricar un pouco de aceite do lampadario do santo que se distribúe entre seus fieis. 

Ningún comentario: