6 de feb. de 2017

TUI

COLOQUIO SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA ORGANIZADO POR GALIZA NOVA  

Venres 10 de febreiro, ás 20:00 h., no Café Museu



André Vidal* / Tui

 Hai unhas semanas coñecíamos a nova da morte de Fidel Castro, líder da Revolución cubana e loitador incansábel pola soberanía da súa terra. Este feito non pode pasar inadvertido para os que compartimos desde outras nacións do mundo ese espírito liberador, é necesario perpetuar a memoria del e de todas as figuras que teceron solidariedade internacionalista. 

 É por iso que desde a asemblea de Galiza Nova no Baixo Miño decidimos traer a Tui a mirada experta de Moncho Leal, membro da Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e de Montse Prado, responsábel de Relacións Internacionais do BNG. 

 Para derrubar moitos dos mitos que están a construír os grandes medios de comunicación é necesario que nós mesm@s teñamos claro que os triunfos sociais da Revolución permitiron ao pobo cubano gozar duns dereitos insólitos na súa rexión e, sobre todo, mantendo a independencia do xugo do capital trasnacional, que tanto dano fixo en América Latina. 

 Convidamos pois a toda a mocidade da nosa comarca, pero tamén a calquera persoa interesada, a que veña este venres 10 ao Café Museu e participe desta produtiva conversa onde profundaremos no contributo ás loitas de liberación nacional e anticoloniais na segunda metade do século XX e na necesidade de soberanía dos pobos.

* Responsábel de Galiza Nova no Baixo Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario