9 de feb. de 2017

REDONDELA

CULTURA

PRESENTACIÓN DA OBRA A RUTA DE REfUXIADOS

O sábado día 11 de febreiro, ás 19:00 horas, no Bar Disco Tasca


Isidro Dozo Valladares / Redondela

 A ruta dos refuxiados de Catro Ventos Editora será presentada o próximo 11 de febreiro ás 19:00 horas na Bar Disco Tasca (Rúa Pai Crespo,17)  o espazo cultural ubicado en Redondela (Pontevedra).

 Contaremos coa presenza de Juan Teixeira, fotógrafo e Cristian López, xornalista, ambos participantes do libro. Tamén falaremos da experiencia vivida por Maria Mediero, socia de Catro Ventos, durante tres semanas coa organización DO YOUR PART, que é a ONG á que vai destinado 1 euro de cada libro vendido.

 A ruta dos refuxiados é unha obra coral creada por catro fotoxornalistas e un xornalista que documentaron presencialmente a viaxe que os refuxiados fan desde Lesbos até Calais. É a través das súas palabras e imaxes que podemos apreciar o abandono das autoridades de milleiros de persoas que arriscan as súas vidas fuxindo da guerra, e que loitan por sobrevivir na súa ruta por unha Europa que os abandona á súa sorte.

 Esta obra foto-documental está documentada por Adrián Irago, Juan Teixeira, Felipe Carnotto, Unai Beroiz e Cristian López, e forma parte das primeiras obras publicadas por Catro Ventos.

 Catro Ventos é unha nova editorial con sede en Vigo creada para publicar en galego obras relacionadas cos seguintes eidos ou temáticas:
  • Economía social e solidaria
  • Ecoloxía e medio ambiente
  • Decrecemento e consumo responsable
  • Soberanía alimentaria
  • Dereitos humanos
  • Pedagoxía e crianza alternativas

 A editora confórmase como cooperativa sen ánimo de lucro no ano 2016, e comeza en outubro a presentación e publicación das seguintes obras até o de agora:



  • TRANSICIÓN ECOLÓXICA, libro no que se aborda como adoptar un novo modelo económico e social que nos permita romper coa ditadura do PIB.

  • A RUTA DOS REFUXIADOS, libro de fotografías en branco e negro que documenta a ruta que seguen os refuxiados para entrar en Europa.

  • MAÑÁ [DVD e Blu-Ray], documental publicado en España por Karma Films. Catro Ventos encargouse dos subtítulos ao galego. Tivo un grande éxito de público en Francia e gañou o Premio César ao Mellor Documental. Presenta experiencias positivas que xa están en marcha para responder aos problemas ecolóxicos, económicos e sociais.
 Na actualidade Catro Ventos está composta por Miguel BrañaPatricia BuxánIsidro DozoMaría Mediero e Alicia Rodríguez, profesionais independentes ligados a entidades asociativas e de traballo colaborativo, como REASEquoFiareAGPTI ou Espacio Nido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario