2 de feb. de 2017

LABORAL

As centrais CIG, CCOO e UGT participan este venres día 3 nunha rolda de contactos cos partidos para abordar a situación do sector da automoción. 

O encontro, que se celebra a petición das organizacións políticas, terá lugar no hotel Coia ás 9.30 horas. 

Infogauda / Vigo

 As centrais CIG, CCOO e UGT participan este venres nunha rolda de contactos con BNG, PSOE e En Marea para abordar a situación na que se atopa a automoción e debatir as propostas e alternativas dos sindicatos para o sector. O encontro, que se celebra a petición das organizacións políticas, terá lugar no hotel Coia de Vigo a partir das 9:30 horas. A primeira das xuntanzas (9:30 horas) será cos representantes de En Marea; continuación (11:00 horas) desenvolverase a reunión co PSOE; mentres que a cita co BNG está fixada para as 12:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario