4 de feb. de 2017

DEPORTES

REMO INDOOR


DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA, LOGRA SEU CUARTO CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO ERGÓMETRO

O remeiro guardés logra dúas medallas de ouro na mesma xornada

Damián Alonso Alonso - a dereita da imaxe - coa súa medalla de ouro que ven de lograr en París, no Campionato de Europa de remo ergómetro
Foto: D.A.
Pola tarde, Damián Alonso Alonso, tamén acadou á medalla de ouro, na distancia de 500 metros.

Infogauda / A Guarda

 No Charléty Stadium, de París, que desde onte acolle os Campionatos de Europa e os Campionatos de Francia de remo ergómetro 2017, organizados pola Federación Francesa d'Aviron; o remeiro Damián Alonso Alonso (A Guarda, 1982), ven de lograr este sábado día 4 de febreiro, seu cuarto Campionato de Europa de Remo Ergómetro, na proba individual Euro Open, categoría Senior (30-39 anos), peso lixeiro, distancia de 2.000 metros. 

 Nesa regata Damián Alonso fixo os 2.000 metros en un tempo de 06:25,1; por diante do francés Etienne Delau, que fixo un tempo de 06:33,1. A terceira posición foi para Hugo Caherec con un rexistro de 06:34,9.

 Pola tarde, Damián Alonso Alonso participou na proba de 500 metros e tamén acadou a medalla de ouro, na distancia de 500 metros, facendo un tempo de 1min 26.1seg.

 O seguinte obxectivo de Damián Alonso será o Campionato do Mundo que se disputará a vindeira semana en USA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario