9 de feb. de 2017

A GUARDA

A túa empresa aínda non está incluída na Guía de Empresas da App Concello da Guarda?  


Fonte: Concello de A Guarda


 A Guía de Empresas da App do Concello estase completando e xa son máis de 300 as altas realizadas ata o momento. Nos últimos meses, máis de 220 empresas foron rexistradas nesta plataforma. 

 A finalidade coa que se crea esta guía en formato dixital é a de contar cun rexistro actualizado das empresas da localidade da Guarda. Teñen acceso a ela todas aquelas persoas que o desexen a través da Aplicación para móbiles App Concello da Guarda, unha aplicación de descarga gratuíta con gran variedade de contidos, que tenta ser unha canle informativa de referencia no Concello. 

Como darse de alta? 
A alta das empresas é gratuíta e pode realizarse de calquera dos seguintes xeitos: 
- Presencialmente: na Oficina de Turismo do Concello (planta baixa), de 8:00 a 15:00 de luns a venres. 
- Telefónicamente: no 986 61 45 46, de 8:00 a 15:00 h., de luns a venres. 
- Por correo electrónico: no enderezo turismo@aguarda.es  

Cal será a información solicitada? 
O nome comercial da empresa, o enderezo, o teléfono/s de contacto, o horario de atención ao público, o enderezo electrónico (e-mail) e o nome da páxina web ou perfil en rede social (en caso de contar cos mesmos). 

Se tes algunha dúbida ao respecto, ponte en contacto connosco! 
Dun xeito moi sinxelo poderemos crear unha Guía de Empresas completa, actualizada e de utilidade para veciños/as e visitantes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario