4 de feb. de 2017

A GUARDA

Se aprobaron as tres mocións do Partido Popular que presentaron no pleno ordinario

O PARTIDO POPULAR DA GUARDA LOGRA POR FIN O COMPROMISO DE QUE A FONTE “TAN PERIGOSA” DA ALAMEDA VAIA SER MODIFICADA 

A voceira popular tamén lamenta que a moción asumida polos Populares presentada por CCD, sobre o proxecto e a execución de obra da Rúa da Cal, non prosperase. Os veciños non están satisfeitos segundo nos manifestaron onte venres, e nos tampouco.    

O Partido Popular fixo mais de 40 rogos e preguntas, todas directamente relacionadas ca Guarda, ao igual que as mocions.   

Conchi Ortega - a dereita da imaxe - cos demáis concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular 
Foto: PP A Guarda

Infogauda / A Guarda


 A xeito de valoración da recente sesión plenaria da Corporación Municipal do Concello de A Guarda celebrada o pasado xoves día 2 de febreiro, a voceira do Partido Popular da Guarda, Conchi Ortega Martínez ven de facer público que agradece o apoio de outros grupos da oposición para que as súas tres mocións, as presentadas polo PP, prosperasen, mocións todas sobre cuestión estritamente de A Guarda. A modificación da fonte da Alameda, a información do novo Regulamento do Lixo os veciños, xunto con dispor de espazos públicos para que colectivos podan informar os veciños e evitar imaxes de carteis nas árbores ou nas farolas, e unha  terceira moción para que se sigan retirando palmeiras que morreron e podan ser perigosas.  

 A voceira di “que a Fonte da Alameda, de dubidosa calidade funcional e estética, supón un potencial perigo para a xente que pasa ao seu carón e especialmente para os nenos por iso estamos satisfeitos co acordo, agora queda cumprilo polo grupo de Goberno, levamos tantos incumprimentos do Alcalde e os seu equipo que xa desconfiamos de todos.”  

 Non entendemos - díxo Conchi Ortega - a posición de outros grupos, respecto o proxecto e a execución das obras da última fase de A Cal, cando dixo o concelleiro de obras que se fará cando haxa disponibilidde orzamentaria, foi a mesma desculpa que lle deu a outras moitas obras pendentes con proxecto que se atopan nos armarios do concello.   

 Que o proxecto é complexo, evidentemente como todos os proxectos de urbanizar rúas, iso é outra desculpa do Grupo de Goberno que non admitimos.  

 A voceira  popular di que “para solucionar estes problemas están os técnicos, para por escusas así está o grupo de goberno, que leva pondo este tipo de escusas mais de ano e medio para non acometer obras necesarias. Pero porque parte da oposición llo consinte, e os apoia como nos orzamentos.   

 Conchi Ortega di que tamén lamenta que a petición da Peña Celtista Baixo Miño que asumimos, non prosperase. Pero o Partido Popular non vai a facer mais declaracións por respecto a Peña, xa que as fará a Xunta Directiva da propia Peña se o considera convinte, supoñemos que na persoa do seu presidente quen defendeu a moción no pleno, de forma moi argumentada.      

Ningún comentario:

Publicar un comentario