2 de feb. de 2017

A GUARDA

DESFILE-CONCURSO ENTROIDO 2017




BASES

1ª OBXECTO
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile- Concurso de Entroido 2017 co obxectivo de manter a tradición local desta festa tradicional a través da participación de tódolos veciños da Guarda. É por elo que presenta as seguintes bases nas que se contemplan ata cinco modalidades diferentes de participación, e unha ampla variedade de premios.

2º LUGAR E DATA
O Desfile- Concurso se celebrará o vindeiro Martes de Entroido, 28 de febreiro de 2017, con saída ás 17:30h. da Praza de San Bermardo (“Esquina Famosa”) e o seguinte percorrido: Praza de San Bernardo- Rúa Galicia- Avda. Rosalía de Castro- Alameda.

En caso de choiva quedaría aprazado para o domingo 5 de marzo de 2017 no mesmo horario.

De persistir a previsión de choiva, escollerase unha nova data con previsión favorable.

3º PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN
Os interesados en participar no Desfile deberán cubrir o formulario anexo a estas bases e a documentación necesaria entre os días 8 e 22 de febreiro de 2017 en horario de 9 a 14h. de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello-

Poderán remitirse inscricións por vía postal, selladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido.

Para garantir este feito, rógase adiantar por fax a copia da solicitude sellada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, estas inscricións só terán validez se veñen acompañadas da documentación requerida.

4º DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Para ser efectiva a inscrición, o formulario deberá acompañarse da fotocopia do DNI do participante. No caso dos menores de idade deberán entregar a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor, así como unha autorización asinada (ANEXO II).

No caso dos Grupos, carrozas e comparsas só se presentará o DNI da persoa representante e se indicará o número de participantes. Os integrantes menores de idade entregarán unha autorización do pai, nai ou titor/a por cada menor, non sendo necesario a copia do DNI de cada un deles. Cando tódolos integrantes sexan menores, o representante do grupo será un dos pais ou nais.

Asociacións: Cando o participante sexa unha asociación deberá entregar un documento acreditativo da mesma: fotocopia do CIF, ou de non ser posible, os estatutos.

5º MODALIDADES E CATEGORÍAS
Poderáse participar no Desfile- Concurso baixo as seguintes categorías:

1. CARROZAS: Grupo mínimo 6 persoas representando algún tema enriba dun ou varios móbiles (carro, tractor, motocultor…) O condutor poderá ou non ir incluído, deixándose a criterio dos participantes.

2. COMPARSAS: Grupo mínimo de 10 persoas.

3. GRUPOS: Grupo composto por un mínimo de 3 e un máximo de 9 persoas.

4. INDIVIDUAL: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, os conxuntos formados por ata 2 persoas, cuxos traxes compartan unha mesma temática.

Esta modalidade divídese en dúas categorías:
INDIVIDUAL ADULTO, a partir dos 13 anos de idade.
INDIVIDUAL INFANTIL, ata os 12 anos de idade.
No caso de parellas ou tríos na que un dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría adulto

6º AXUDAS POR PARTICIPACIÓN
Prevese unha axuda económica dunha contía fixa de 200€ ós participantes nas categorías de COMPARSA e CARROZA, como compensación polo traballo e esforzo que supón a elaboración do correspondente atrezzo e traxes de entroido.

Terán dereito a axuda económica as 10 primeiras carrozas e/ou comparsas que se inscriban, coa salvedade de que nunca unha comparsa ou carroza do concello da Guarda quedará sen inscribir.

Todas as comparsas e carrozas anotadas, entrarán na modalidade de concurso, teñan ou non a axuda por participación.

7º PREMIOS
Os premios e axudas por participación impútanse a aplicación orzamentaria n.º 334-48 e serán os seguintes:

COMPARSAS CARROZAS:
1º PREMIO: 250€ 1º PREMIO: 250€
2º PREMIO: 150€ 2º PREMIO: 150€

GRUPOS:
1º PREMIO: 150€
2º PREMIO: 90€
3º PREMIO: 80 €
4º PREMIO: 50€
5º PREMIO: 50€
6º PREMIO: 50€

INDIVIDUAL ADULTO:
1º PREMIO: 90€
2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 50 €
4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 30€

INDIVIDUAL INFANTIL:
1º PREMIO: 90€
2º PREMIO: 70€
3º PREMIO: 50 €
4º PREMIO: 30€
5º PREMIO: 30€
6º PREMIO: 30€

 Estes premios están gravados coa correspondente retención do IRPF.

Poderán ser beneficiarios dos premios as asociacións legalmente constituídas e as persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

8º XURADO E CUALIFICACIÓN
A cualificación en cada unha das modalidades e categorías será determinada polo Xurado do Concurso, que estará formado por un Presidente e dous vogais, en representación das entidades socioculturais de A Guarda, nomeados pola Concellería de Cultura. Actuando como presidente o membro de maior idade, e como secretario o técnico de cultura do Concello.

O xurado na súa avaliación terá en conta os seguintes factores: orixinalidade da proposta, posta en escena, maquillaxe, vestiario e acompañamento musical.

Unha vez feita a avaliación polo Xurado, farase público o resultado no acto de entrega de premios.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

O xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos cumpren as condicións propias en cada categoría.

A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.

9º SAÍDA E COLOCACIÓN PARA O DESFILE- CONCURSO
A hora prevista para o inicio do desfile é as 17:30 horas do Martes 28 de Febreiro.
Os participantes no desfile teñen entre as 16.30h. e as 17,15h. para colocarse nos seus postos de saída, que serán determinados polo persoal da Concellería de Cultura.
As 17h. o xurado fará unha primeira revisión para coñecer a tódolos participantes. Non estar situado no posto asignado no momento da saída poderá ser motivo para a descalificación do concurso.

10º COBRO DOS PREMIOS E AXUDAS POR PARTICIPACIÓN
Para proceder ó cobro, tanto das axudas como dos premios, os interesados deberán achegar a seguinte documentación nun prazo de 15 días trala celebración do desfile:
· Certificado de Titularidade da conta bancaria a nome do premiado (expedida pola entidade), ou fotocopia compulsada da libreta. En caso dos menores de idade, o titular deberá ser o pai, nai ou titor que autorizou a participación ou que foi coma representante do grupo.
· Fotocopia compulsada do DNI do premiado ou do seu pai, nai ou titor/a.
· Fotocopia da inscrición no desfile. En caso de participación de menores, deberán achegarse as autorización de participación no desfile.
· Declaración responsable de non estar incurso en incapacidades e prohibicións coa Administración para a percepción de subvencións, así como de estar ó corrente coas obrigas tributarias, co Estado, Xunta de Galicia, Concello de A Guarda e Seguridade Social.. (Impreso dispoñible no Concello).
Co fin de axudar e axilizar a tramitación, a documentación necesaria que xa fora aportada ó Departamento de Cultura para inscrición no desfile non haberá que achegala novamente.
O Departamento de Cultura será o responsable de levantar acta co fallo do xurado, na que se reflictirá a relación de participantes e premios.
O Concello resérvase o dereito para a captación e difusión das imaxes do desfile para fins de publicidade e promoción.
A Concellería de cultura quere animar á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade
concurso.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario